lunes, 18 de noviembre de 2019

Día universal de la infancia




 HOXE CELEBRAMOS QUE HAI 30 ANOS......



Hoxe, día 20 de novembro celebramos o Día Universal da Infancia, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.








O día 20 de novembro de 1989 fíxose a Convención dos dereitos do neno, e por iso o mundo adquiriu o compromiso de defender e promocionar todos os dereitos de todos os nenos e nenas do mundo.

Este día sírvenos para recordar que todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito á saúde, a  educación, e a protección sexa onde sexa o lugar do mundo que naceran.

A celebración deste día serve para facernos pensar se estamos a facelo ben e saber o que  ata o día de hoxe conseguimos  entre todos, para visibilizar estos dereitos e sobre todo para seguilo traballando neste cumplimento de Todos os Dereitos para TODOS os NENOS e NENAS do MUNDO.


 A ver se vos gusta esta canción 
sobre a importancia do día de hoxe. 






E estes debuxiños que tamén nos ilustran sobre os nosos dereitos 




Coma sabemos que coas nosas mans podemos...

AXUDAR
ABRAZAR
APOIAR
ACARICIAR 
AMAR

Fixemos uns traballiños que podemos ver neste video coa canción que tanto nos gusta de Pablo Díaz



1 comentario: