martes, 28 de noviembre de 2017

Dia internacional das persoas con discapacidade


   O 3 de decembro celebramos o día internacional das persoas con discapacidade, foi declarado en 1992 co obxectivo de promover o dereito e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos.




   Un dos principais obxectivos que se pretende conseguir coa celebración deste día é a tolerancia, a non discriminación de persoas que teñen unha serie de limitacións físicas ou psíquicas. Todos e todas somos iguais e temos os mesmos dereitos, non si?



martes, 21 de noviembre de 2017

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero


   Hoxe celebramos o día internacional contra a violencia de xénero, para facernos tomar conciencia que calquer tipo de violencia está mal (un empuxón, unha bofetada, un insulto,...) e que hai que loitar para conseguir estes obxectivos:

- erradicación da violencia
- igualdade de xénero
- conciliación
- ser feliz

   Para celebrar este día, en moitos países fan moitas actividades: carreiras, pintarse a cara de moitas cores, bailes,...
    
    ¿Cómo o celebrarías ti?

    Actividades propostas para a aula:

- Ver e comentar:






domingo, 10 de septiembre de 2017

Período de adaptación


   Comezamos un novo curso cheo de ilusións!
   O período de adaptación á escola é un conxunto de días cun horario determinado destinado a favorecer a incorporación dos nenos e nenas máis pequenos á escola por primeira vez.
  
     Consellos para as famiias neste período:

- Actuade con normalidade, non deben verbos nerviosos, inquietos ou preocupados, tedes que ter en conta que se houbera calquer problema a mestra poñerase en contacto con vos 
- Facede unha despedida breve, un sorriso e unha actitude serena é o necesario para transmitir tranquilidade
- É posible que cando vaiades a buscalos choren ou mostren indiferencia, é unha manifestación normal, polo que hai que actuar con naturalidade e non angustiarse.
- Falade na casa en términos positivos do que se fai na escola, desta maneira lle inculcamos que ir á escola ademais de positivo é tamén divertido.
- Interesarse y valorar todo lo que hace el niño/a en la escuela así como sus relaciones infantiles.
- Es importante la asistencia diaria de los niños/as al centro.

   Actividades para o período de adaptación:


viernes, 16 de junio de 2017

1º premio no concurso "Refugallando cartón"



   Durante este curso, unhas das actividades que fixemos foi concienciar aos nosos nenos e nenas sobre a importancia de reciclar e reutilizar as cousas para utilizar menos materias primas da natureza (disminuir a tala de árbores,...) e non ensuciar o medio ambiente para respectar a todos os seres vivos que se benefician del, incluíndonos nós.
   Refugallando cartón fixo unha serie de talleres de reciclaxe nas aulas cos nenos/as e explicounos a importancia de reciclar, ademáis, propúxonos facer traballos de reciclaxe e reutilización tanto de cartón como de papel para participar no concurso que organizaban.
   Este foi o traballo que fixeron en todas as aulas do CRA e o que valeu para conseguir o 1º premio na nosa categoría:




Moitas felicitacións a todos/as participantes!!!

viernes, 2 de junio de 2017

Estou coa natureza




   O día mundial do medio ambiente celébrase o 5 de xuño, cada ano ten un lema e, este ano o lema é "Estou coa natureza".

   Todos/as sabemos que é moi importante cuidar a natureza e os seres vivos que habitan nela para seguir disfrutando de todo o que nos rodea. Esta canción o explica moi ben....



    Dende convivencia propoñemos unhas series de actividades para celebrar ese día e concienciarnos sobre a súa importancia:

Actividades on-line:



http://www.ozzyozone.org/



http://www.tupapelesimportante.com/index.asp?MP=2

Para colorear:




Manualidades:

https://es.pinterest.com/search/pins/?q=Manualidades%20ni%C3%B1os%20dia%20del%20medio%20ambiente&rs=typed&term_meta[]=Manualidades%7Ctyped&term_meta[]=ni%C3%B1os%7Ctyped&term_meta[]=dia%7Ctyped&term_meta[]=del%7Ctyped&term_meta[]=medio%7Ctyped&term_meta[]=ambiente%7Ctyped

jueves, 6 de abril de 2017

7 de abril, día mundial da saúde


   

   O día mundial da saúde celébrase todos os anos o 7 de abril, conmemora a importancia dunha boa saúde física e mental para estar ben e ser feliz.
   A base dunha boa saúde é ten unha alimentación equilibrada e sana combinada con actividade e exercicio físico e, para o cerebro, mirar ou ler moitos libros, xogar, relacionarse cos iguais e disfrutar.

Xogos on-line para traballar a educación para a saúde:
   

Algúns contos...




lunes, 13 de marzo de 2017

15 de marzo, día dos dereitos do consumidor


      O día mundial do consumidor celébrase todos os anos o 15 de marzo, é un día no que se poñen de manifesto os dereitos que temos as persoas á hora de comprar e de elexir os productos que desexamos.
     A defensa dos dereitos do consumidor, está recollida na nosa Constitución no artigo 51.
    
     Se premedes enriba do link, poderedes xogar coa bruxiña para coñecer mellor os vosos dereitos  e deberes como consumidores...



http://www.ocu.org/site_images/educar/dirdevs/intro.htm



martes, 7 de marzo de 2017

8 de marzo día internacional da muller


   O día 8 de marzo conmemoramos o día Internacional da Muller, ese día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento como persoa.
   Este día foi instaurado pola Organización de Nacións Unidas (ONU), no ano 1975.
   O morado é a cor representativa desde día.




lunes, 30 de enero de 2017

Día da paz

   Hoxe, día 30 de xaneiro conmemoramos o día escolar da no violencia e da paz. pero.... por que o celebramos este día???
   Porque hoxe é o aniversario da morte de Gandhi, unha persoa que fixo moito pola paz e a igualdade no mundo, por ese motivo se lle dedica este día.


   Algunos cuentos interesantes para conmemorar este día....