miércoles, 29 de enero de 2020

Día da PAZ


Hoxe celebramos o día da PAZ, foi fundado en 1964 e tamén coñecido por Día Mundial ou Internacional da NON-violencia e a Paz, celébrase o 30 de xaneiro e é unha idea libre e voluntaria de educación non violenta e pacificadora, practicada xa en escolas de todo o mundo e a que están invitados a participar todos os centros educativos de todos os países.

Faise a celebración co motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home chamado de “alma grande” quen coa súa loita pacificadora e as súas accións non violentas conseguíu que a independencia da India, o seu país natal, fixérase realidade. “ Amor universal, Non violencia e Paz”.


A canción de John Lennon titulada Imagine  é a canción que mellor simboliza o desexo dun mundo en paz, e se converte nun libro infantil












O seguinte libro de Giancarlo Macri cóntanos coma os muros nos separan pero podemos facer un futuro entre todos e derribarlos.



E dende a biblioteca do CRA estamos a coñecer o seguinte conto




 Tamén temos curtas para ver como dar e recibir PAZ






E se queremos unha receta para cociñar a PAZ, aquí a temos seguindo esta canción





Coma non iba a ser doutro modo, no CRA celebramos este día con moita ledicia facendo todo tipo de actividades, podédelo ver neste video que fixemos coma resume do noso día tan especial










Tamén temos un video a toda velocidade do comezo do mural que tamén fixemos coas nosas mans.





Todo isto unido a unha solta de pombas nos patios das escolas e unha video conferencia na que nos puidemos ver entre as escolas e cantar a canción de Pablo Díaz