martes, 31 de marzo de 2020

O virus explicado polo noso amigo


Recordades o conto de Anna Llenas tan chulo do monstro de colores que de seguro que volo contou Bieito e tamén o traballamos
 no CRA fai uns anos?




  Anna LLenas, autora e ilustradora de contos, aquí temos o seu debuxo.


http://www.annallenas.com/ilustracion-editorial/el-monstruo-de-colores.html#.XoIovXJS_IV





 Tivemos ao noso amigo no CRA e segundo o que lle pasaba cambiaba as súas emocións.



Pois agora este conto permítenos explicarlles aos nenos e nenas as emcións que lles está provocando esta situación que están a vivir e anímaos a expresar os seus sentimentos e recoñecelos...






Imos escoitar a súa canción para recordala





viernes, 27 de marzo de 2020

Unha mensaxe de Draco

TEMOS UNHA MENSAXE ESPECIAL
 
Nalgunhas escolas do noso CRA traballamos o proxecto da fundación Meniños e o seu principal obxectivo é conseguir que cada neno e nena  atope o afecto e a seguridade que solo lle pode proporcionar un entorno familiar.
 
Aínda que estes días os nenos e nenas están en casa, quero transmitirvos que dende  Meniños seguen dispoñibles para o que precisemos, e nos envian unha mensaxe de Draco:


https://fundacionmeninos.wordpress.com/2020/03/26/draco-tamen-queda-na-casa/



E  temos a canción que xa coñecemos cantada por Pablo Díaz por se quixéramos cantala
Forma parte dunha actuación noutro cole, xa que cando nos visitou a nós ofrecéunas outras das súas fantásticas cancións que tanto nos gustan



lunes, 23 de marzo de 2020

O virus que chegou para cambiar as nosas vidas


Coa chegada do virus temos un reto que é o cambio das nosas rutinas de vida.
Un dos grandes retos aos que se enfrontan pais e nais é o de compaxinar esta nova situación atípica coa atención dos nen@s, e sobre todo, tentar que poidan seguir facendo agunha das actividades que facían cada día no colexio.


Este podería ser a modo orientativo un xeito de seguir   rutinas con el@s:

 


Temos enlaces a todos os blogues das diferentes escolas que conforman o noso cra con actividades relacionadas co proxecto que estamos a desenrolar este curso, e tamén aos blogues das especialidades nos que temos tamén actividades  para poder continuar un pasiño máis con eles nestes momentos....

Deixamosvos un par de contos

A periodista segoviana María Coco sacou á luz 'Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)', un libro para nin@s coordinado pola tamén  periodista salmantina María R. Coco e con ilustracións da  riojana Sara Ramírez que trata de achegar aos máis pequen@s cal é a realidade pola propagación do Covid-19.

Con 32 páxinas, @s nen@s coñecen as peculiaridades desta crisis. Aqui tedes o enlace:


https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa





A outra opción podería ser:

"Así es la vida" O conto seguinte é para ler, e voltar a ler. Un conto que nos fai pensar e reflexionar pero sobre todo é para comentar con máis pequenos. 

Porque"así es la vida" e así nola amosa o libro: algunhas veces chea de ledicia e ilusións e outras, chea de decepcións, tristeza e frustración.
 
 

Con este libro infantil poderemos explicar aos nenos e nenas que as veces, por máis que desexamos ou necesitamos algo, non o podemos conseguir. Por iso, a frustración é natural e temos que aprender a aceptala e convivir con ela. As situacións difíciles da vida e as decepcións non se poden evitar, pero podemos superalas e, incluso, sacarlles algo positivo de todo o que nos está a pasar. Temos que ser positivos, que a felicidade é una cuestión de actitud!




  • Título: Así es la vida
  • Autora: Ana-Luisa Ramírez
  • Ilustradora: Carmen Ramírez
  • Editorial: Diálogo
  • Edad recomendada: a partir de 3 años
  • Puntuación Club Pequeños Lectores: 8
  • Categorías: emociones, frustración
Así, o libro fai un repaso de moitas situacións cotiás que, as veces non saen coma quixéramos:
 


Aquí  o podemos ver neste seguinte video

 

domingo, 8 de marzo de 2020

8 de MARZO, día internacional das mulleres



Día internacional das mulleres

  Igualdade de xénero 



 O  Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades. O mundo  logrou avances moi importantes, pero ningún país aínda alcanzou a igualdade de xénero.



Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e as nenas de todo o mundo.



Dentro dos obxectivos de desenrolo sostible que ten a ONU para acadar no 2030 está o da igualdade de xénero, velaquí o podemos ver no seu manifesto.


O obxectivo número 5 a desenrolar está a igualdade de xénero, no que se pretende que homes e mulleres teñamos os mesmos dereitos, mesmas opcións e non sentirse infravaloradas e ameazadas.
Este ano 2020  o lema do día das mulleres  chámase “Soy de la Generación Igualdad: Por los derechos de las mujeres” .

https://www.unwomen.org/en/news/stories/2020/2/compilation-small-actions-big-impact-for-generation-equality










No CRA tamén celebramos o día internacional das mulleres e
aquí o podedes comprobar  nestes videos para amosar os nosos traballiños





E neste outro que sigue tamén temos traballos da escola de Guísamo e os que fixemos coas profes de Inglés e de Música.