miércoles, 9 de diciembre de 2020

10 de diciembre, día internacional de los derechos humanos

 O día  10 de decembro  celébrase anualmente o 

 Día Internacional dos Dereitos Humanos 

 en todo o mundo...

 

 



 Con esta celebración  conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal de los Dereitos Humanos pola Asamblea General da ONU en 1948.

 Nese  documento é onde se recollen os 30 artículos dos Derechos Humanos considerados básicos, tamén conta  co  récord de ser o  documento traducido a más idiomas no mundo: máis de 500 línguas.👦👧👨👩👳👱👵

 


 




Aquí vemos un cartel cos 30 dereitos humanos básicos

 

 

En 1950, no segundo aniversario  da Declaración Universal de los Derechos Humanos, os nen@a  da Escola Infantil Internacional da ONU en Nueva York viron un cartel do documento histórico. 

 

 

 

 Os dereitos humanos son dereitos e libertades fundamentais que temos todas as persoas por existir. Respectalos permite crear as condicións indispensables para que os seres humanos vivamos dignamente  nun entorno de libertade, xustiza e paz. 

 

 


(Foto dalgúns  dos 30 dereitos  fundamentais na ONU)

O dereito á vida, á libertade de expresión, á libertade de opinión e de conciencia, á educación, á vivenda, á  participación política o de acceso á información son algúns deles.

 

 Algo máis  sobre os dereitos humanos🎼🎭🎶




E como non, unha canción sobre a igualdade, libertade e os dereitos que coma nen@s temos e debemos desfrutar




miércoles, 2 de diciembre de 2020

3 de decembro , día internacional das persoas con discapacidade

 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 


A UNESCO celebra o  Día Internacional das Personas con Discapacidade cunha celebración  dunha semana, do 25 de novembro ao 3 de decembro de 2020, baixo o lema:

 "Reconstruir mellor: cara un mundo inclusivo, accesible e sostible despois da COVID-19 por, para e coas personas con discapacidade". 


Imos visualizar un video dun neno chamado Camilo que seguro que vos vai encantar...

 


 Camilo é un neno con discapacidade visual pero a que fai moitísimas cousas coma nós???

O IMPORTANTE É VALORAR ÁS PERSOAS POLO SEU INTERIOR E SABER INTEGRALAS NO NOSO MUNDO 

 


ESTE CONTO NOS ANIMA A VER ÁS PERSOAS POR IGUAL

AÍNDA QUE SEXAN DE DIFERENTES CORES

BAIX@ OU ALT@...

NON PASA NADA

 

NAS ESCOLAS TRABALLAMOS ESTE DÍA DE DIFERENTE XEITO, OU BEN COS CONTOS OU VISUALIZANDO CURTOS, TAMÉN FIXEMOS ESTE TRABALLIÑO ...

 



Co reno Rudolf creamos cada un de nós o noso propio ...

 

martes, 24 de noviembre de 2020

25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia de xénero


 HOXE CELEBRAMOS QUE TODOS SOMOS IGUAIS

 HOMES E MULLERES

 NENOS E NENAS

 


Que os nenos e nenas somos iguais ... 



Imos ver neste conto

coma todo é posible










SEXAS NENO OU SEXAS NENA



E DICIR BEN ALTO E CLARO QUE...


 
 
NAS ESCOLAS TRABALLAMOS NESTE DÍA TAN ESPECIAL
COMA SE PODE VER NESTAS FOTOS NAS QUE DEBUXAMOS AS COUSAS QUE NOS GUSTAN E SABER QUE SOMOS IGUAIS💕💗



TAMÉN RECOPILAMOS COUSAS QUE NOS GUSTA FACER COAS NOSAS MANS E QUE SON MOITÍSIMAS...☺👐




OLLADE, OLLADE BEN...






miércoles, 18 de noviembre de 2020

Día universal de la INFANCIA


 Hoxe día 20 de novembro é o día universal dos nenos e nenas do mundo🌐👦👧



ESTE DÍA NOS AMOSA E RECORDA  QUE TODOS OS NENOS E NENAS TEÑEN DEREITO Á SAÚDE, Á EDUCACIÓN E PROTECIÓN,  MESMO O LUGAR ONDE NACERAN...E...

 


 

    Adicar  un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer a labor das personas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor

 


 Todos os membros da nosa sociedade- pais e nais, persoal docente e sanitario, dirixentes de gobernos, líderes relixiosos, personaxes da política, o mundo empresarial, a sociedade civil e os medios de comunicación- desenrolan un papel fundamental no benestar da infancia.


 

Por iso, este Día Mundial, amósanos un comezo para facer cousas inspiradoras para defender, promover e celebrar os dereitos dos nen@s a través do diálogo e accións que construen un mundo mellor para os nenos e nenas.


Traballamos nas escolas para aprendermos un pouco máis sobre este día tan importante para tod@s    


E cantamos para celebralo con moita ledicia👦👧😃

lunes, 28 de septiembre de 2020

Comezamos conVivindo tod@s xunt@s

 Comezamos de novo e por fin un novo curso que dende o noso blogue de convivencia tentaremos de facelo algo máis doado aportando ideas e recursiños para axudarvos👧👦

 

 

Este curso temos que estar moi atentos e atentas 

a todo o que pode acontecer...

 así que arrancamos un novo curso cheo de cousas boas que imos ir comentando en cada data que haxa que celebrar

viernes, 5 de junio de 2020

Día 5 de XUÑO O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



HOXE É UN DÍA MOI IMPORTANTE, O 5 DE XUÑO É NOMEADO DENDE 1972 COMA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

🌱🌳🌷🌿🌼🌾🌹

É O DÍA DA NATUREZA


ESTE DÍA SERVE PARA MOTIVAR ÁS PERSOAS PARA QUE SEXAMOS AXENTES ACTIVOS NO DESENROLO SOSTIBLE E QUE CAMBIEMOS AS NOSAS ACTITUDES NOS TEMAS AMBIENTAIS.

ESTE ANO É COLOMBIA O PAÍS ANFITRIÓN
DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.



UN XEITO SINXELO DE ENTENDELO É

PENSAR NO MODO EN QUE CONSUMIMOS, 👆
QUE AS EMPRESAS FAGAN MODELOS MÁIS ECOLÓXICOS,👌
OS GOBERNANTES QUE PROTEXAN ZONAS SALVAXES,🐊
  OS PROFES A ENSINAR E EDUCAR EN VALORES NATURAIS.🌺
REQUIRE DE TOD@S NÓS💚


E QUÉ É ISO DA BIODIVERSIDADE???

A BIODIVERSIDADE É A VARIEDADE DE SERES VIVOS NO PLANETA.
ACTUALMENTE HAI APROXIMADAMENTE OITO MILLÓNS DE ESPECIES NA TERRA, VIVINDO CADA UNHA NUN ECOSISTEMA ÚNICO, CADA MEMBRO DA BIODIVERSIDADE É FUNDAMENTAL NO EQUILIBRIO NATURAL.
A BIODIVERSIDADE É A BASE DA VIDA NA TERRA, E SEN ELA A NOSA SAÚDE SE ESTROPEA. NECESITAMOS AUGA LIMPA, AIRE PURO, ALIMENTOS NUTRITIVOS E TODO ISTO DEPENDE DA BIODIVERSIDADE.



A SOCIEDADE GALEGA DE MEDIO AMBIENTE PROPÓN UNHA SERIE DE VIDEOS, CADERNOS E ACTIVIDADES PARA EDUCARNOS NUN FUTURO SOSTIBLE

ESTA É A FAMILIA TREBÓN, PINCHADE NO ENLACE MÁIS ABAIXO E VEREDES TODO O QUE NOS CONMENTAN SOBRE O NOSO PLANETA VERDE

 Se pinchades no enlace temos actividades para facer sobre o medio ambiente


TAMÉN PODEMOS FACER NÓS DENDE A NOSA CASA ESTES XESTOS SINXELOS PARA IR COLABORANDO CO MEDIO AMBIENTE

ESCOITANDO ESTA CANCIÓN DO COIDADO DO NOSO PLANETA CON BARRIO SÉSAMO