jueves, 8 de diciembre de 2022

10 de decembro , día dos dereitos humanos


O lema deste ano para o Día dos Dereitos Humanos é

Dignidade

Libertade

Xustiza para todos 

👍😀 

 




 

O75º aniversario da Declaración se celebrará o 10 de decembro de 2023.

 Para preparar esta gran celebración, a partir do Día dos Dereitos humanos de este año, 

o 10 de decembro de 2022, 

lanzarase unha  campaña dun ano de duración para dar a coñecer os

 Dereitos Humanos 

centrándonos no seu legado, relevancia e activismo.



Agora que sabemos un pouquiño máis dos dereitos humanos, pensades que son necesarios, verdade???

Pois a desfrutar deste día que é para tod@s 

👦👧👨👩👳👵👴👱👲

jueves, 1 de diciembre de 2022

3 de decembro, día internacional das personas con discapacidade

 


O día  3 de decembro  celebramos o

 Día Internacional das Persoas con Discapacidade,

 declarado en 1992 pola Asamblea General das Naciones Unidas, 

co obxetivo de promover os dereitos e o  benestar das persoas

 con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, 

así como concienciar sobre a súa  situación en todos os aspectos da vida.


 

Imos ver unha elfa moi bonita💗 

que nos vai dicir que é iso de poñerse no lugar dos demáis 

 

 


 

 Jimena é unha nena que nos quere contar a súa historia

 e como ela consegue ser feliz coas súas diferenzas...

👧👦👧👦


Na canción seguinte veremos coma a música nos iguala

ensina e axuda a ser mellores e sentirnos en armonía 

cos demáis

 


🎀






 



jueves, 24 de noviembre de 2022

25 de novembro día contra a violencia de xénero

 Hoxe é  día

 25 de novembro

celebramos o día da non violencia de xénero ou equidade

é unha data para celebrar que todos e todas somos iguais

👦👧👨👩👱👵👴👩 


Imos escoitar e ver este conto sobre uns ratiños

Na casa da familia RATÓN o pai traballaba fora todo o día

mentres a mamá ocúpase da casa e os ratiños.

Pero vai suceder algo que vai cambiar as cousas na familia....

veredes, veredes

🐀🐁


 



é moi importante respectarse

e que todos colaboremos para estar e ser máis felices.



E agora ides escoitar unha canción tamén de animaliños dos que podemos tamén aprender cousas moi pero que moi boas...


E neste outro podemos ver como sabemos facer cousas chulísimas coas nosas mans de axuda e colaboración


 

domingo, 20 de noviembre de 2022

20 de novembro, día dos dereitos da infancia


O Día Mundial da Infancia

 que se celebra todos os anos 

o 20 de novembro

 é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.


¿Para que serve o Día Universal da infancia?

O obxectivo é recordarlle a todos a cidadanía que os nenos e as nenas son o colectivo máis vulnerable e sufre moito as crises e problemas do mundo.

Este día mundial recorda que tod@s @s nen@s teñen dereito á saúde, á educación e á proteción, independentemente onde naceran.

Adicar  un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequen@s e para recoñecer a labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor

 👦👧👦👧

No seguinte video aprenderemos os nosos dereitos

 


 

Ollade e escoitade esta canción que nos conta un pouquiño dos nosos dereitos


 Os dereitos dos nen@s son 10 neste video hai un pequeno resumo dos máis importantes 

 👦👧👦👧


 

 Nas nosas escolas traballamos este día facendo uns debuxos de nós mesm@s e tamén despois de visualizar o blogue coloreamos uns bonecos cos dereitos máis importantes do día da infancia, foron feitos por @fle_coucou     e aquí tedes algún resultado...




 

 

domingo, 5 de junio de 2022

5 de xuño

 Hoxe, día 5 de xuño celebramos o día internacional do medio ambiente

 


O Día Mundial do Medio Ambiente 🌍

é o día no que pensamos aínda máis no noso planeta,

 e este ano céntrase co lema

 " Reimaxina, Recrea, Restaura"

🌄🌎🌅

E coma podemos nós dende as nosas casas, no noso cole, no parque,

 axudar ao medio ambiente???


 

Coma ben nos di o video, o planeta é de tod@s👦👧👨👩

Imos coñecer a un mono  que se chama Blas e que é non coida ben o medio ambiente
 

 Unha vez que vemos coma Blas aprendeu a lección, grazas os seus amigos, o caracol e a oruga
agora podemos facer uns xogos con estes amiguiños
 

 



Con motivo de este día fixemos moitas cousiñas con material de refugallo, ollade para saberlo, nalgunha aula co refugallo das merendas fixemos unha actividade de recortar e pegar o que nos sobra...💙
 




Asi aprendimos a protexer o noso planeta🌍🌎🌏 







Noutra escola con material de refugallo ata tivemos a gran idea de crear xoguetes e instrumentos musicais.



martes, 3 de mayo de 2022

2 de maio, día contra o acoso escolar

 

 O  2 de maio celébrase o 

Día Internacional  contra o Bullying o  Acoso Escolar

 co obxectivo de concienciar sobre o risco de acoso escolar e o bullying n@s nen@s a nivel mundial. Así como buscar os mecanismos para evitar este mal.

A data foi establecida por asociacións de pais e nais e diferentes organizacións non gubernamentais para concienciar sobre os riscos do acoso escolar e os métodos para evitar a violencia nos centros escolares e para establecer un proceso de actuación nos casos que sucedan.

👩👨👧👦

No cole aprendemos a que isto non suceda e para iso 

sabemos seguir estas pautas nas nosas aulas

Queremos e sabemos facelo ben!!!

 Aquí podemos ver un conto que xa coñecemos ben no que a protagonista sabe e aprende a cambiar a realidade do que lle sucede...

ter as orellas grandes👂

o pelo rebelde👧

ser alto, baixo, flaco ou gordechiño...

Calquera cousa pode ser causa de burla e risas entre os nen@s.

Mara sabe e aprende a ser forte para ser ela mesma.



E temos tamén unha canción ben bonita que fai referencia ao conto de MARA,

 escoitade, escoitade...

🎼🎶🎵🎇


 

miércoles, 6 de abril de 2022

7 abril día da mundial da saúde

💖 hoxe día 7 de abril celebramos o día mundial da saúde💖

 

 O tema do  Día Mundial da Saúde 

do 2022 

é

 «Nuestro planeta, nuestra salud»

🐄🍀🐷🌍🌞🌝🌜🌛🌍 







 El 7 de abril de 2022, a Organización Mundial da Saúde dirixe  a atención mundial  á interconexión entre o planeta e nosa salúde. 




Xa sabes:

Comer ben,🍅🍆🌽

Facer exercicio 🏃🏄🏂

Manter unha hixiene persoal💦💤💟 
 

lunes, 14 de marzo de 2022

15 de marzo, día dos dereitos dos consumidores


 Debemos saber que cousiñas consumimos día a día,

 así que cando mercamos algo debemos pensar que sexa algo saudable para nós

🍅🍉🍊🍓🍏

Tamén é moi importante que o que merquemos sexa bo co medio ambiente,

 así axudamos ao noso planeta e consumimos ben 

🌍✨🌟


No seguinte video imos aprender coma facer uso das 3 erres, 

Reducir

Reutilizar

Reciclar


 
Para axudarnos a reciclar moi ben con esta canción imos animarnos a facelo con máis ritmo...🎹💯
 

 

E coma estivemos na semana da prensa nalgunhas das nosas escolas imos facer a actividade de papel reciclado, así que ahí vai un video de coma facelo de xeito sinxelo


 

lunes, 7 de marzo de 2022

8 de marzo, día internacional da muller

 Hoxe, días das mulleres celebramos o día das mulleres que son importantes nas nosas vidas💕

 


 

Que  pasará o 8 de marzo?
 
No ano 1975, as Naciones Unidas celebraron por primeira vez
 o  Día Internacional das Mulleres o
8 de marzo
 un grupo de mulleres saíron ás rúas na cidade de New York para protestar polo número de horas de traballo 
 
 
Hoxe en día serve para  lograr que exista unha igualdade entre mulleres e homes. Todos somos iguais e iso o imos ver no conto que segue e que tanto nos gusta...
 
Daniela pirata (EGALITE) : Susanna Isern, Susanna Isern: Amazon.es: Libros
 
DANIELA QUERE SER PIRATA 
É TAN VALIENTE E DECIDIDA QUE PODE FACELO
👧⚓
 


 

E fai pouquiños días  acabamos de celebrar o día de

 Rosalía de Castro

 unha das mulleres máis importantes da literatura galega

traballamos nas escolas do Cra para coñecela mellor 

cantamos, recitamos, escoitamos os seus poemas

 coa canción de Uxía sobre o poema de Rosalía de Castro

"Como chove miudiño" fixemos este traballo


 


Fixemos a súa cara con sal coloreada 

recortamos e pegamos nun corazón 

o seu debuxo logo de ler un poema


 

 

 

 

 

 

 

 

 

aquí temos un xogo para emparellar as diferentes Rosalías,

 fíxate ben nos debuxos e disfrutade...

Feliz Día 😃😄


Ollade, ollade canto fixemos nas escolas do noso CRA neste día tan importante
















domingo, 30 de enero de 2022

Día da non violencia e a PAZ

 Hoxe temos outra celebración moi importante

trátase do

 30 de xaneiro día da

 non violencia e da paz🌈

 


 

A palabra PAZ é moi interesante xa que quere dicir que non debemos ter enfados nin pelexar entre nós, utilizar as nosas mans para querer, axudar e compartir...

 O video que segue explícanos un pouco mellor a celebración desde día


 Aquí temos un corto  da fundación Blender no que un coello grandullón

  nos  amosa que ten un gran corazón, xa veredes...💓




Así que para ter PAZ non debemos facer o que non nos gusta que nos fagan a nós, verdade???👍

IMOS VER O VIDEO RECOPILATORIO DA CANCIÖN DA PAZ DESTE ANO

NO QUE TODAS AS ESCOLAS DO CRA🏠🏡🏠🏡🏠

PARTICIPAMOS CANTANDO E BAILANDO🎤🎵🎶

PARA QUE CHEGUE A PAZ a TODO O MUNDO 💙💚💙

COMEZANDO POLAS NOSAS MANS 👍  

E UNINDO AS NOSAS VOCES... 

 


 

Trátase da canción" Samba de la paz" de Requetecorcheas 

Estade moi atent@s que esta data tan especial a traballamos tanto nas nosas escolas  que temos moito que amosar aínda...

visitade prontiño de novo o blogue💕 

👱👲👦👧👨👩

E...

Coma o prometido é deuda

aquí podedes ver os nosos traballiños 

o ben que traballamos coas nosas mans

as cousiñas que fixemos