jueves, 3 de octubre de 2019

DIA MUNDIAL DOS ANIMAIS


HOXE DÍA 4 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS.


Xa que este curso traballamos o proxecto titulado " Planeta Animal", queremos recordar a importancia de todas as especies animais cos que compartimos o planeta.


Por iso é moi importante educar para xerar unha actitude de respeto e sensibilidade polos animais.
No día de hoxe celébrase por todo o mundo a vida animal en todas as súas formas e hai eventos especiais.

Refuxios de animais fan actividades para recoller fondos, grupos de vida salvaxe organizan exposicións de información, etc....

Tamén escolas, colexios, institutos e CRAS coma o noso, realizan proxectos de traballo para coñecelos mellor e aprender a querelos e respectalos.