jueves, 9 de diciembre de 2021

10 de decembro, hoxe celebramos o día dos dereitos humanos

 HOXE DÍA 10 DE DECEMBRO FOI O DÍA NO QUE ...


Coma presidente da Comisión de Dereitos Humanos das Naciones Unidas, 
Eleanor Roosevelt  
creó a declaración de liberdades que sempre será o seu  legado:
 La Declaración Universal de los Derechos Humanos.


 

A Declaración Universal de Dereitos Humanos é un documento histórico que proclama os dereitos inalienables que corresponden a toda persoa como ser humano, independientemente da súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinión política ou de otra índole, origen nacional o social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.


Está disponible en máis de 500 línguas e é  o  documento que máis se traduxo a outras línguas en todo o mundo. 

 



 Temos os nosos dereitos máis preto do que pensabamos, a que si?
👦👧👨👩👴👵👱👍

jueves, 2 de diciembre de 2021

3 de decembro, día internacional das persoas con discapacidade

 Hoxe celébrase o día da discapacidade, 

un día importante para aprender a ser tolerantes e respectuos@s


                Ser tolerante é saber que cada persoa é diferente e iso fainos especiais e únic@s,

                                                                 todos e todas somos persoas.



As diferencias enriquecen ao grupo, 

que aburrido se tod@s somos 

exactamente iguais 

👦👧👨👩👱👲



Trátase dun libro con desplegables, e lengüetas en cada unha das páxinas para amosar aos nen@s que hai persoas de todos os tamaños, formas e colores.
 E cada una... é especial.
 
Déixovos unha frase do final do conto que é importante:
 
" Hai tantas persoas diferentes  no mundo
 coma peixes no mar e nubes no ceo...
e cada unha é moi especial"

 
 
 
E temos unha boa nova!!!!
 o próximo día 10 de decembro
 estréase no cine unha película de debuxos titulada
" VALENTINA" 
na que a súa protagonista é unha nena moi pero que moi valente
 

Un dato curioso sobre esta película e que, ademáis de  encantarnos,
 a nena que canta a canción de Valentina tanto na versión galega coma en castelán é 
Alicia Rábade
 unha nena de Lugo de 9 anos, que é a sobriña dunha antiga compañeira profesora do noso CRA!!!!
👐Parabéns ALICIA👐

Para traballar neste día visualizamos nas aulas o corto 
"CUERDAS"

miércoles, 24 de noviembre de 2021

25 N,Día contra a violencia de xénero




 

 Hoxe que é día 25 de novembro imos celebrar un día moi especial para o que estivemos traballando un pouquiño fai unhas semaniñas

💜💛💚💙👧👦💙💚💛💜

 

Neste día queremos aprender e xa sabemos ben 

que tanto os nenos coma as nenas somos iguais

que podemos ser o que queiramos e que

 o importante é vivir en igualdade.

 


 

Así que aprendimos esta canción tan bonita que moito nos gustou.💗👧👦💗

 



 Estivémola a cantar e desfrutar en todas as escolas do CRA, podémolo ver no seguinte video no que cada escola fixo os xestos que corresponden a unha palabra da canción

 

 

Para que se poida ver mellor o implicad@s que estamos con este día tan especial aquí tedes outra pequeniña mostra👦👧💙💙

 

PODÉMOLA VER NOS PICTOGRAMAS SEGUINTES


 



E tamén neste que sigue...



💜AQUÍ DEIXAMOS A NOSA PEGA DO QUE FIXEMOS PARA TRABALLAR ESTE DÍA NAS AULAS DO CRA💜

 


 

jueves, 18 de noviembre de 2021

Día Universal da Infancia

 Hoxe día 20 de novembro celebramos o 

DÍA DA INFANCIA

 síííííi👧👦imos aló

 


 

O noso día, cos nosos dereitos que  debemos coñecer.


Neste video podémolos escoitar



E agora podemos cantar esta canción que nos ensina de novo como debemos estar felices xogando e cantando...💕🎼


 Agora xa podemos celebrar o noso día content@s ...

E o rematamos de ilustrar con  esta frase tan bonita

 dun pedagogo ademáis de músico, filósofo e naturalista

 Jean- Jacques Rousseau

" lo que uno ama en la infancia se queda en el corazón para siempre"

Asi vemos a importancia que ten a infancia para o resto das nosas vidas

 Nas nosas escolas estivemos a traballar o noso día tan especial, aquí temos algunha mostra ...





viernes, 4 de junio de 2021

5 de xuño, día mundial do medio ambiente

🌏 HOXE DÍA 5 DE XUÑO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 🌎

TODOS OS ANOS SE ELIXE UN TEMA CENTRAL DO MEDIO AMBIENTE PARA CELEBRAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA TOD@S NÓS...

 

 


 

NESTE ANO 2021 O TEMA É

 " REIMAGINA, RECUPERA, RESTAURA" 🌏

PODEMOS AXUDAR AO MEDIO AMBIENTE E SER COLABORAD@R COA NATUREZA E ASÍ TENTAR DE DISMINUIR A CONTAMINACIÓN E PARAR A PERDA DA BIODIVERSIDADE.

E COMO FACELO❔❔❔

CULTIVANDO ÁRBORES PARA QUE O NOSO ENTORNO SEXA MÁIS VERDE.🌳

REPOBOAR OS NOSOS XARDÍNS CON ESPECIES SILVESTRES.🌼

CAMBIAR AS NOSAS COMIDAS POR MÁIS SAUDABLES.🍅

AXUDAR A LIMPAR RÍOS E COSTAS.  💜

 


 

 COMA  NESTE CURSO TRABALLAMOS PRECISAMENTE A AUGA 💦💧💦

NO NOSO COLEXIO XA SABEMOS AGORA A IMPORTANCIA DE TRATAR BEN A AUGA, OS SEUS USOS, COMO REUTILIZALA ADEMÁIS DE NON MALGASTALA E COIDALA MOITO

 


 
AQUÍ TEMOS AOS GARDIANS DO MEDIO AMBIENTE PARA AXUDARNOS A COIDALO MELLOR E CON AMOR💖
 
 



🌍🌎🌏 NAS ESCOLAS DO CRA DE BERGONDO TRABALLAMOS MOITO E MOI A GUSTO PARA APRENDER A COIDAR O MEDIO AMBIENTE, PODÉDELO COMPROBAR NO SEGUINTE VIDEO...






sábado, 1 de mayo de 2021

2 de maio día contra o acoso escolar

Hoxe día 2 de maio celebramos o...

   Día Internacional del contra el Bullying o el 

Acoso Escolar 

co obxectivo de dar a coñecer o risco do acoso escolar e o bullying nos nen@s a nivel mundial.  

  Hoxe neste  día  falamos da importancia de :


  • Fomentar valores coma o respeto e a empatía. Tamén o compañerismo para que se axuden entre eles.


  • Falar do tema, sen esperar que  sufran o lles afecten, para que estean mellor preparados no caso de darse  a situación.


  • Traballar o seu empoderamiento para que poidan pedir axuda cando a necesiten.


  • Dar exemplo: non criticar nin falar mal dos demáis. É mellor axudar .


  • Da prioridade á sua educación emocional. 

 
 
Coma vimos no video é mellor colaborar, ser amig@s e non pelexar, compartir e traballar en equipo é moito máis divertido👫💜

martes, 6 de abril de 2021

7 abril de 2021, día mundial da saúde







O DÍA 7 DE ABRIL
  
celebramos o día mundial da saúde, o lema deste ano é o do apoio as enfermeiras e comadronas, si, as que coidan dun bebé que acaba de nacer e axuda ás mamás a ensinarlle a coidalo.☺

   Aínda que a saúde é algo que temos que coidar todos os días, a razón de que haxa un día especial que o conmemore é para que pensemos na importancia da boa saúde e de coma a podemos mellorar e coidar.
👦👧👨👩👴👵

 


👍💙💚💛IMOS RECORDAR COUSIÑAS QUE SABEMOS SOBRE COMA  PROTEXERNOS CONTRA O

 CORONAVIRUS👀



 

Aquí temos un xogo para facer nun ratiño libre sobre como escapar ao coronavirus

 

 

A VER SE SABEDES ESCAPAR ATA AS CASIÑAS CORRESPONDENTES SEN QUE OS COLLA O VIRUS...

 


BEN FEITO!!!

E AGORA A SEGUIR ASÍ DE BEN COMA O ESTAMOS A FACER PARA QUE O CORONAVIRUS MARCHE DUNHA VEZ!!! 

NORABOA!!! 👏

domingo, 21 de marzo de 2021

22 de marzo DÍA MUNDIAL DA AUGA




 O  Día Mundial da Agua celébrase  o  22 de marzo de cada ano e o seu  principal obxectivo é  crear conciencia nas persoas  da importancia de coidar o chamado oro líquido para a vida dos

 seres humanos e as especies na Terra.

💧🐋🌱💙👩👨



O Día Mundial da Agua é unha data oportuna para que tod@s, de xeito  individual o colectiva comecemos, a partir de hoxe, a coidar, valorar e racionar a agua que utilizamos en nosas múltiples actividades diarias.

 

Co video que segue veremos o importante que é o coidado da AUGA💧💙💧💙



É moito o que podemos facer dende nosa casa,  na escola, ou en calquera lugar onde nos atopemos. 

Empecemos por  ser os guardianes e protectores da agua, da cal nos beneficiaremos no futuro, se aprendemos  a cuidala e racionala de xeito correcto.

💧🐋🌱💙👩👨

Polo de agora imos deixar a nosa canción cantando e tocando a canción de Mama Cabra

A auga é un tesouro💙💦💙💧



A auga é un tesouro que temos que coidar

COMA APRENDEMOS E SEGUIMOS A APRENDER DA AUGA E DO SEU COIDADO

TRABALLAMOS NAS AULAS CO MOTIVO DO DÍA TAN IMPORTANTE CON ESTA SERIE DE TRABALLIÑOS ...





NAS ESCOLAS DO CRA SABEMOS BEN FACER UN USO RESPONSABLE DA AUGA POR ISO SOMOS PROTECTORES E GUARDIÁNS DA AUGA

lunes, 15 de marzo de 2021

15 de marzo, día dos dereitos do consumidor

  HOXE CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR👦👧👨👩👍

 

 


 O 15 de marzo celebramos o día mundial dos dereitos do consumidor, esta data intenta concienciarnos do bo que é un consumo responsable, algo polo que traballan as asociacións de consumidores e os organismos públicos de consumo.
 
 
 

No seguinte video podemos ver que o consumo responsable é a través do uso das 3 ERRES:

REDUCIR
REUTILIZAR
RECICLAR
 
 

domingo, 7 de marzo de 2021

8 de marzo, día internacional de la mujer


O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.    




Esta data foi institucionalizada pola ONU en 1975 co fin de reivindicar a loita das mulleres pola igualdade de oportunidades. 

 O noso reto é conseguir unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de estereotipos de xénero, onde nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades...

👧👦👩


 

E PARA TI CAL É A MULLER MÁIS IMPORTANTE?

Podes tentar a emparellar as mulleres que saen no xogo


 
 
No seguinte cartel tedes tamén máis videos de contos e cancións  para ver sobre este día tan importante
💜💗👩👧💗💜
 


NAS ESCOLAS DO CRA QUIXEMOS CELEBRAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE 
XOGAMOS NA PANTALLA A UN XOGO DE EMPARELLAR MULLERES TRABALLADORAS,
DEBUXAMOS A NOSA MULLER PREFERIDA, A MULLER QUE ADMIRAMOS E TAMÉN TRABALLAMOS A SILVIA EARLE XA QUE ESTAMOS CO PROXECTO DA AUGA💧💧






jueves, 28 de enero de 2021

30 de xaneiro, día da non violencia e da paz

 

 

 

HOXE QUE É 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

🙌📆💗

 

 

 

É O ANIVERSARIO DA MORTE DE MAHATMA GANDHI,

 O HOME CHAMADO DE " ALMA GRANDE" UNHA PERSOA QUE FIXO MOITÍSIMO POLA

 PAZ E A IGUALDADE NO MUNDO.

 


PODEMOS FACER A PAZ COAS COUSAS MÁIS CERCANAS E SINXELAS QUE TEMOS NA NOSA VIDA, ISTO NOLO AMOSA ESTE LIBRIÑO QUE TEMOS A CONTINUACIÓN...


 

TEMOS MOITOS CONTOS QUE NOS CONTAN HISTORIAS DE PAZ 


👦👧👨👩



 

 

Un deses contos que nos falan da amizade, amabilidade e compañeirismo que son moi importantes para construir a PAZ é o do seguinte video, descubrídeo...

 

 

No CRA fixemos unha experiencia que ben nos sirve para documentar este día tan bonito e importante para tod@s





PARA FACER UNHA CELEBRACIÓN DIGNA DA PAZ FIXEMOS A VIDEO CHAMADA ENTRE ESCOLAS PARA SENTIR, CANTAR E ESCOITAR A PAZ ENTRE NÓS CO SON RELAXANTE DOS NOSOS PAOS DE CHUVIA ...💦💧💦💟


Ahí estamos todas as escolas do CRA

 facendo a nosa actividade do día da

 non violencia e da Paz💙💚💛💜




Tamén fixemos un mural precioso da PAZ





MURAL PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ PINTADO COAS NOSAS MANS💗💝