jueves, 14 de marzo de 2024

15M: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

 



Hoxe, 15 de marzo dende o CRA conmemoramos o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, polo que na xornada de hoxe imos reflexionar sobre as cousas materiais que realmente necesitamos e aquelas outras das que podemos prescindir que non son necesarias no noso día a día. Pero que é exactamente ser un bo consumidor? o seguinte vídeo axúdanos a entendelo mellor:




Seguimos reflexionando  co conto de "un regalo deferente" de Marta Azcona, ti que farías coa tela? a veces nas cousas máis simples está a diversión! por iso temos que escoller moi que precisamos e  que non, para ser bos consumidores!



Feliz día nenos e nenas do CRA!
👦👧👦👧

jueves, 7 de marzo de 2024

8M: Día Internacional da Muller




 💜


Hoxe dende o CRA de Bergondo, conmemoramos o Día Internacional da Muller, para reivindicar que aínda que todos e todas sexamos diferentes merecemos ser tratados de igual maneira e ter os mesmos dereitos e oportunidades. 

Na nosa contorna hai mulleres moi  importantes que conseguiron grandes cousas como:

-Rosalía de Castro, unha gran escritora da cal aprendemos moito para conmemorar o seu aniversario.

-María Pita: unha heroína que defendeu a cidade de A Coruña.

-Concepción Arenal: unha das primeiras Galegas que loitou polos dereitos e a igualdade das mulleres.

E ti, a que muller ou mulleres admiras??

 

Para este día escoitaremos a seguinte canción que estivemos a traballar en música:


Aquí están algún dos compañeiros do CRA mentras escoitaban a canción.





Tamén vos deixamos un conto para entender un pouco máis, porque se conmemora este día, chámase "Ellas" de Raquel Díaz Reguera:



Feliz día nenos e nenas do CRA!

👧👦👧👦










domingo, 28 de enero de 2024

30X: Día Escolar da non Violencia e da Paz

 Día 30 de xaneiro, conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz.




"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"

- Mahatma Ghandi -

Dende o CRA celebramos e promocionamos a non violencia e a paz día a día, pero este 30 de xaneiro farémolo a través dunha vídeo chamada entre todas as escolas, podendo convivir un ratiño, na cal cantaremos e bailaremos a seguinte canción:





Para isto os rapaces e rapazas  prepararon un baile nas clases de música e unhas fermosas mans de cores!! 

Este foi o proceso 🙌






E este o resultado final:






Para rematar, veremos un breve vídeo de que facer para manter a paz na nosa contorna 😊




FELIZ DÍA NENOS E NENAS DO  CRA👦👧👦👧