jueves, 23 de noviembre de 2023

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero



Por que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero?

Segundo as Nacións Unidas: a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das infraccións dos dereitos humanos  máis estendido e xeneralizado do mundo. Case 1 de casa 3 mulleres foi vítima de violencia física ao menos un vez na vida.

Viñeta e canción de cousas que si podemos facer coas nosas mans!



No CRA de Bergondo tamén unimos as nosas mans contra a violencia de xénero e para iso imos decorar estes carteis de cor violeta, rexeitando todo tipo de violencia.



E para rematar, imos escoitar un conto, dunha nena que só sabía dicir que si, ata que descubriu un código secreto... 



Conto "mis Noes cuentan"



Aquí van uns marca páxinas cun QR para que todos os nenos e nenas poidan levan o conto para escoitar coas familias!

 

Feliz día nenos e nenas do CRA!

👦👧👦👧







domingo, 19 de noviembre de 2023

20N: Día Universal da Infancia




Por que se celebra o Día Universal da Infancia?

O 20 de novembro celébrase en todo o mundo o Día Universal da Infancia e o aniversario da entrada en vigor da Convención sobre os Dereitos do Neno.

A Convención dos Dereitos do neno, supuxo un fito, pois dende a súa aprobación a infancia é considerada, non como un obxecto de protección, senón como suxeito de pleno dereito.

Con todo, a Convención sobre os Dereitos do Neno segue sendo un documento insuficientemente coñecido e os dereitos que recolle aínda distan moito de converterse en realidade en numerosos recunchos do planeta.

Pero o Cra de Bergondo non vai ser un deles!

Cales son os Dereitos do Neno?


 Canción dos dereitos do neno de UNICEF


Para rematar propoñemos decorar esta pulseira ou marca páxinas para que todos coñezan os dereitos dos nosos pequenos xigantes! 

Descargar documento aquí:



FELIZ DÍA A TODOS OS NENOS E NENAS DO CRA!!
👦👧👦👧