Hoxe que é día 10 de decembro celebramos o día universal dos dereitos humanos
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento declarativo adoptado pola Asamblea General das Naciones Unidas o 10 de dicembro de 1948 en París.
Serve de plan de acción global para a liberdade e a igualdade protexendo os dereitos de todas as persoas en todos os lugares. Foi a primeira vez que os países acordaron as liberdades e dereitos que merecen proteción universal para que todas las persoas vivan a súa vida en libertade, igualdade e dignidade.
Hoxe día 3 de decembro imos celebrar o día internacional das persoas con discapacidade.
En 1992 foi declarado así pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
O obxectivo é promover os dereitos e os benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenrolo, así coma concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural
Á concienciación das medidas orientadas á acción e destinadas á mellora das situacións das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportuidades para el@s.
A Asamblea fixo un chamamento aos Estados Membros para destacar e celebrar este día e así fomentar unha maior integración na sociedade das personas con discapacidades.
Fai uns días que recibimos unha boa sorpresa...
visitaron o noso CRA algúns membros da asociación ASPADISOL e que con moitas ganas e agarimo nos presentaron o conto " A viaxe dos meus 40 dragóns" escrito por el@s mesm@s e que nos gustou moitísimo.
Ademáis de contarnos o seu conto deixáronnos este bonito agasallo feito por el@s mesm@s
Moitísimas grazas!!!!
Ollade estes videos que nos amosan a importancia de ter en conta aos demáis.
Hoxe, 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero.
Recordamos hoxe que todos os homes e mulleres, nenos e nenas somos iguais, cos mesmos dereitos e deberes,non existen cores, xoguetes, xogos e cousas de nenos nin de nenas...
Por iso temos que aprender e educar en igualdade, dende a diferenza, tendo en conta todos os aspectos que se consideran máis necesarios para a formación dunha persoa, independientemente do seu sexo.
Temos sorte de ter moitas obriñas literarias para conseguir unha sociedade máis igualitaria, libre de estereotipos de xénero e onde os nenos e nenas teñan as mismas oportunidades
Aquí tedes algunhas :
Arturo e Clementina
Una feliz coincidencia
Rosa caramelo
¿Hay algo más aburrido que una princesa rosa?
A cociñeira do Rei.
As redes de Inés
Maruxa
Os bolechas ven unha moura..
E deste día tamén temos a nosa mostra dos nosos traballiños nas aulas
Coma recentemente celebramos o día universal da infancia, aquí tedes a nosa pega, podemos ver o vídeo na entrada anterior.
Hoxe, día 20 de novembro celebramos o Día Universal da Infancia, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
O día 20 de novembro de 1989 fíxose a Convención dos dereitos do neno, e por iso o mundo adquiriu o compromiso de defender e promocionar todos os dereitos de todos os nenos e nenas do mundo.
Este día sírvenos para recordar que todos os nenos e nenas do mundo
teñen dereito á saúde, a educación, e a protección sexa onde sexa o
lugar do mundo que naceran.
A celebración deste día serve para facernos pensar se estamos a facelo ben e saber o que ata o día de hoxe conseguimos entre todos, para visibilizar estos dereitos e sobre todo para seguilo traballando neste cumplimento de Todos os Dereitos para TODOS os NENOS e NENAS do MUNDO.
A ver se vos gusta esta canción
sobre a importancia do día de hoxe.
E estes debuxiños que tamén nos ilustran sobre os nosos dereitos
Coma sabemos que coas nosas mans podemos... AXUDAR ABRAZAR APOIAR ACARICIAR AMAR
Fixemos uns traballiños que podemos ver neste video coa canción que tanto nos gusta de Pablo Díaz
HOXE DÍA 4 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS.
Xa que este curso traballamos o proxecto titulado " Planeta Animal", queremos recordar a importancia de todas as especies animais cos que compartimos o planeta.
Por iso é moi importante educar para xerar unha actitude de respeto e sensibilidade polos animais. No día de hoxe celébrase por todo o mundo a vida animal en todas as súas formas e hai eventos especiais.
Refuxios de animais fan actividades para recoller fondos, grupos de vida salvaxe organizan exposicións de información, etc....
Tamén escolas, colexios, institutos e CRAS coma o noso, realizan proxectos de traballo para coñecelos mellor e aprender a querelos e respectalos.
Benvid@s de novo a un novo curso escolar no que voltaremos a tratar os temas relativos á convivencia nas nosas escolas.
A convivencia é un reto, todos somos únicos e diferentes.
As relacións solidarias que teremos ao longo deste novo curso escolar na nosa comunidade educativa serán indicadores principais de calidade en educación infantil...polo tanto, imos aló!!!!
O 5 de xuño celebramos o día mundial do medio ambiente, cada ano, un país é o encargado de organizar conferencias e actividades que o conmemoren. Este ano, o anfitrión destes eventos será China e falarase sobre a contaminación do aire.
No seguinte vídeo fálase sobre a contaminación do aire e as repercusións que ten no noso corpo:
Este ano, conmemoramos, por vez primeira, o día internacional contra o acoso escolar, este día está destinado a concienciar a todos os nenos e nenas da importancia de respetarse uns a outros e non rirse, pegar ou burlarse dos demáis.
Este día está representado cun lazo de cor púrpura.
Aquí tedes un, por se o queredes colorear (recollido de dibujalia.com):
Vos deixo uns curtos para que os comentedes e pensedes sobre a actuación de cada un dos personaxes que aparecen neles e, recordade, non tratedes aos demáis como non vos gustes que vos traten. Bicoooossss!!
O 15 de marzo celebramos o día mundial dos dereitos do consumidor, esta data intenta concienciarnos do bo que é un consumo responsable, algo polo que traballan as asociacións de consumidores e os organismos públicos de consumo.
Estos son os nosos dereitos como consumidores/as:
Una alternativa al consumo excesivo que, muchas veces, acaba por dañar el medio ambiente y el planeta, es el consumo colaborativo, convertirnos en prosumidores.
Un prosumidor es el que comparte, el que promueve alternativas al consumo como compartir coche, un huerto,... teneis más información en este enlace:
O día 8 de marzo conmemoramos o día internacional da muller. O ano pasado foi a primeira vez que se organizaron folgas para reclamar a igualdade de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.
Os dejo unos videos interesantes para que reflexionemos sobre esta conmemoración:
Invitámosvos, dende o departamento de convivencia, a darlle unha aperta e un bico moi grande a todas as mulleres que coñezades ou teñades na vosa familia!
O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da no violencia e da paz en todos os centros educativos e, como non podía ser doutra maneira, nas escolas do noso Cra.
Durante toda a xornada, estivéronse a facer diversas actividades en todas as aulas en relación con este día, sen embargo, coincidimos en dúas que veñen sendo costume este día: a solta de pombas e unha videoconferencia na que, ademáis de saudar e desexarlles bo día aos nosos compañeiros/as das outras escolas, cantamos a canción do día da paz todos xuntos.
Solta de pombas:
Carrio:
Guísamo:
Lubre:
Silvoso:
Vixoi:
E, para rematar esta celebración, cantamos a canción que nos ensinou a profe María sobre a paz!