Tivemos ao noso amigo no CRA e segundo o que lle pasaba cambiaba as súas emocións.
Pois agora este conto permítenos explicarlles aos nenos e nenas as emcións que lles está provocando esta situación que están a vivir e anímaos a expresar os seus sentimentos e recoñecelos...
Nalgunhas escolas do noso CRA traballamos o proxecto da fundación Meniños e o seu principal obxectivo é conseguir que cada neno e nena atope o afecto e a seguridade que solo lle pode proporcionar un entorno
familiar. Aínda que estes días os nenos e nenas están en casa, quero transmitirvos que dende Meniños seguen dispoñibles para o
que precisemos, e nos envian unha mensaxe de Draco:
E temos a canción que xa coñecemos cantada por Pablo Díaz por se quixéramos cantala Forma parte dunha actuación noutro cole, xa que cando nos visitou a nós ofrecéunas outras das súas fantásticas cancións que tanto nos gustan
Coa chegada do virus temos un reto que é o cambio das nosas rutinas de vida.
Un dos grandes retos aos que se enfrontan pais e nais é o de compaxinar esta nova situación atípica coa atención dos nen@s, e sobre todo, tentar que poidan seguir facendo agunha das actividades que facían cada día no colexio.
Este podería ser a modo orientativo un xeito de seguir rutinas con el@s:
Temos enlaces a todos os blogues das diferentes escolas que conforman o noso cra con actividades relacionadas co proxecto que estamos a desenrolar este curso, e tamén aos blogues das especialidades nos que temos tamén actividades para poder continuar un pasiño máis con eles nestes momentos....
Deixamosvos un par de contos
A periodista segoviana María Coco sacou á luz
'Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)', un libro para
nin@s coordinado pola tamén periodista salmantina María R.
Coco e con ilustracións da riojana Sara Ramírez que trata de achegar aos máis pequen@s cal é a realidade pola propagación
do Covid-19.
Con 32 páxinas, @s
nen@s coñecen as peculiaridades desta crisis. Aqui tedes o enlace:
"Así es la vida" O conto seguinte é para ler, e voltar a ler. Un conto que nos fai pensar e reflexionar pero sobre todo é para comentar con máis pequenos.
Porque"así es la vida" e así
nola amosa o libro: algunhas veces chea de ledicia e ilusións e outras, chea de decepcións, tristeza e frustración.
Con este
libro infantil poderemos explicar aos nenos e nenas que as veces, por máis que
desexamos ou necesitamos algo, non o podemos conseguir. Por iso, a frustración é natural e temos que aprender a aceptala e convivir con ela. As situacións difíciles da vida e as
decepcións non se poden evitar, pero podemos superalas e, incluso, sacarlles algo positivo de todo o que nos está a pasar. Temos que ser
positivos, que a felicidade é una cuestión de actitud!
O Día Internacional da Muller é un bo momento para
reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
O mundo logrou avances moi importantes, pero ningún país aínda alcanzou a igualdade de xénero.
Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e as nenas de todo o mundo.
Dentro dos obxectivos de desenrolo sostible que ten a ONU para acadar no 2030 está o da igualdade de xénero, velaquí o podemos ver no seu manifesto.
O obxectivo número 5 a desenrolar está a igualdade de xénero, no que se pretende que homes e mulleres teñamos os mesmos dereitos, mesmas opcións e non sentirse infravaloradas e ameazadas.
Hoxe celebramos o
día da PAZ, foi fundado en 1964 e tamén coñecido por Día Mundial
ou Internacional da NON-violencia e a Paz, celébrase o 30 de xaneiro
e é unha idea libre e voluntaria de educación non violenta e
pacificadora, practicada xa en escolas de todo o mundo e a que están
invitados a participar todos os centros educativos de todos os
países.
Faise a celebración
co motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home chamado
de “alma grande” quen coa súa loita pacificadora e as súas
accións non violentas conseguíu que a independencia da India, o
seu país natal, fixérase realidade. “ Amor universal, Non
violencia e Paz”.
A canción de John Lennon titulada Imagine é a canción que mellor simboliza o desexo dun mundo en paz, e se converte nun libro infantil
O seguinte libro de Giancarlo Macri cóntanos coma os muros nos separan pero podemos facer un futuro entre todos e derribarlos.
E dende a biblioteca do CRA estamos a coñecer o seguinte conto
Tamén temos curtas para ver como dar e recibir PAZ
E se queremos unha receta para cociñar a PAZ, aquí a temos seguindo esta canción
Coma non iba a ser doutro modo, no CRA celebramos este día con moita ledicia facendo todo tipo de actividades, podédelo ver neste video que fixemos coma resume do noso día tan especial
Tamén temos un video a toda velocidade do comezo do mural que tamén fixemos coas nosas mans.
Todo isto unido a unha solta de pombas nos patios das escolas e unha video conferencia na que nos puidemos ver entre as escolas e cantar a canción de Pablo Díaz
Hoxe que é día 10 de decembro celebramos o día universal dos dereitos humanos
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento declarativo adoptado pola Asamblea General das Naciones Unidas o 10 de dicembro de 1948 en París.
Serve de plan de acción global para a liberdade e a igualdade protexendo os dereitos de todas as persoas en todos os lugares. Foi a primeira vez que os países acordaron as liberdades e dereitos que merecen proteción universal para que todas las persoas vivan a súa vida en libertade, igualdade e dignidade.
Hoxe día 3 de decembro imos celebrar o día internacional das persoas con discapacidade.
En 1992 foi declarado así pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
O obxectivo é promover os dereitos e os benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenrolo, así coma concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural
Á concienciación das medidas orientadas á acción e destinadas á mellora das situacións das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportuidades para el@s.
A Asamblea fixo un chamamento aos Estados Membros para destacar e celebrar este día e así fomentar unha maior integración na sociedade das personas con discapacidades.
Fai uns días que recibimos unha boa sorpresa...
visitaron o noso CRA algúns membros da asociación ASPADISOL e que con moitas ganas e agarimo nos presentaron o conto " A viaxe dos meus 40 dragóns" escrito por el@s mesm@s e que nos gustou moitísimo.
Ademáis de contarnos o seu conto deixáronnos este bonito agasallo feito por el@s mesm@s
Moitísimas grazas!!!!
Ollade estes videos que nos amosan a importancia de ter en conta aos demáis.