viernes, 5 de junio de 2020

Día 5 de XUÑO O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



HOXE É UN DÍA MOI IMPORTANTE, O 5 DE XUÑO É NOMEADO DENDE 1972 COMA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

🌱🌳🌷🌿🌼🌾🌹

É O DÍA DA NATUREZA


ESTE DÍA SERVE PARA MOTIVAR ÁS PERSOAS PARA QUE SEXAMOS AXENTES ACTIVOS NO DESENROLO SOSTIBLE E QUE CAMBIEMOS AS NOSAS ACTITUDES NOS TEMAS AMBIENTAIS.

ESTE ANO É COLOMBIA O PAÍS ANFITRIÓN
DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.



UN XEITO SINXELO DE ENTENDELO É

PENSAR NO MODO EN QUE CONSUMIMOS, 👆
QUE AS EMPRESAS FAGAN MODELOS MÁIS ECOLÓXICOS,👌
OS GOBERNANTES QUE PROTEXAN ZONAS SALVAXES,🐊
  OS PROFES A ENSINAR E EDUCAR EN VALORES NATURAIS.🌺
REQUIRE DE TOD@S NÓS💚


E QUÉ É ISO DA BIODIVERSIDADE???

A BIODIVERSIDADE É A VARIEDADE DE SERES VIVOS NO PLANETA.
ACTUALMENTE HAI APROXIMADAMENTE OITO MILLÓNS DE ESPECIES NA TERRA, VIVINDO CADA UNHA NUN ECOSISTEMA ÚNICO, CADA MEMBRO DA BIODIVERSIDADE É FUNDAMENTAL NO EQUILIBRIO NATURAL.
A BIODIVERSIDADE É A BASE DA VIDA NA TERRA, E SEN ELA A NOSA SAÚDE SE ESTROPEA. NECESITAMOS AUGA LIMPA, AIRE PURO, ALIMENTOS NUTRITIVOS E TODO ISTO DEPENDE DA BIODIVERSIDADE.



A SOCIEDADE GALEGA DE MEDIO AMBIENTE PROPÓN UNHA SERIE DE VIDEOS, CADERNOS E ACTIVIDADES PARA EDUCARNOS NUN FUTURO SOSTIBLE

ESTA É A FAMILIA TREBÓN, PINCHADE NO ENLACE MÁIS ABAIXO E VEREDES TODO O QUE NOS CONMENTAN SOBRE O NOSO PLANETA VERDE

 Se pinchades no enlace temos actividades para facer sobre o medio ambiente


TAMÉN PODEMOS FACER NÓS DENDE A NOSA CASA ESTES XESTOS SINXELOS PARA IR COLABORANDO CO MEDIO AMBIENTE

ESCOITANDO ESTA CANCIÓN DO COIDADO DO NOSO PLANETA CON BARRIO SÉSAMO