martes, 4 de junio de 2024
5X: Día Mundial do Medio Ambiente
miércoles, 1 de mayo de 2024
2M: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
jueves, 14 de marzo de 2024
15M: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
Seguimos reflexionando co conto de "un regalo deferente" de Marta Azcona, ti que farías coa tela? a veces nas cousas máis simples está a diversión! por iso temos que escoller moi que precisamos e que non, para ser bos consumidores!
jueves, 7 de marzo de 2024
8M: Día Internacional da Muller
Hoxe dende o CRA de Bergondo, conmemoramos o Día Internacional da Muller, para reivindicar que aínda que todos e todas sexamos diferentes merecemos ser tratados de igual maneira e ter os mesmos dereitos e oportunidades.
Na nosa contorna hai mulleres moi importantes que conseguiron grandes cousas
como:
-Rosalía de Castro, unha gran escritora da
cal aprendemos moito para conmemorar o seu aniversario.
-María Pita: unha heroína que defendeu a cidade
de A Coruña.
-Concepción Arenal: unha das primeiras Galegas
que loitou polos dereitos e a igualdade das mulleres.
E ti, a que muller ou mulleres admiras??
Para este día escoitaremos a seguinte canción
que estivemos a traballar en música:
Aquí están algún dos compañeiros do CRA mentras escoitaban a canción.
Tamén vos deixamos un conto para entender un
pouco máis, porque se conmemora este día, chámase "Ellas" de Raquel Díaz Reguera:
Feliz
día nenos e nenas do CRA!
👧👦👧👦
domingo, 28 de enero de 2024
30X: Día Escolar da non Violencia e da Paz
Día 30 de xaneiro, conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz.
"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"
- Mahatma Ghandi -
Dende o CRA celebramos e promocionamos a non violencia e a paz día a día, pero este 30 de xaneiro farémolo a través dunha vídeo chamada entre todas as escolas, podendo convivir un ratiño, na cal cantaremos e bailaremos a seguinte canción:
Para isto os rapaces e rapazas prepararon un baile nas clases de música e unhas fermosas mans de cores!!
Este foi o proceso 🙌
domingo, 10 de diciembre de 2023
10D: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que serve protexer os dereitos das persoas de todo o mundo, para que vivan a súa vida en liberdade, igualdade e con dignidade.
Por que se conmemora este día?
Para que todo o mundo teña
liberdade e igualdade de dereitos con independencia da súa cor, crenzas,
relixión ou outras características.
Os dereitos deste acordo son 30 e inclúen o dereito a liberdade de expresión, dereito á educación, a
unha vivenda digna....
Na siguinte canción, poderemos coñecer algún dereito máis a ritmo de merengue!
Feliz día nenos e nenas do CRA!
👦👧👦👧
domingo, 3 de diciembre de 2023
3D: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Que significa persoas con discapacidade e por que se conmemora este día?
As persoas con discapacidade son aquelas que teñen diferentes capacidades, formas diferentes de facer as mesmas cousas que nos. Todos e todas somos diferentes, pero capaces de facer un montón de cousas se o medio no que vivimos se adapta un chisco!
Por ese motivo, débese conmemorar o día de hoxe, para que as persoas con capacidades diferentes teñan dereitos, como por exemplo, acceso unha educación inclusiva de calidade.
Aquí vai a curtametraxe
de "el cazo de lorenzo" que nos convida a reflexionar:
Agora tócavos, nenos e nenas do CRA de Bergondo, cales son as capacidades que vos fan únicos?