martes, 4 de junio de 2024
5X: Día Mundial do Medio Ambiente
miércoles, 1 de mayo de 2024
2M: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
jueves, 14 de marzo de 2024
15M: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
Seguimos reflexionando co conto de "un regalo deferente" de Marta Azcona, ti que farías coa tela? a veces nas cousas máis simples está a diversión! por iso temos que escoller moi que precisamos e que non, para ser bos consumidores!
jueves, 7 de marzo de 2024
8M: Día Internacional da Muller
Hoxe dende o CRA de Bergondo, conmemoramos o Día Internacional da Muller, para reivindicar que aínda que todos e todas sexamos diferentes merecemos ser tratados de igual maneira e ter os mesmos dereitos e oportunidades.
Na nosa contorna hai mulleres moi importantes que conseguiron grandes cousas
como:
-Rosalía de Castro, unha gran escritora da
cal aprendemos moito para conmemorar o seu aniversario.
-María Pita: unha heroína que defendeu a cidade
de A Coruña.
-Concepción Arenal: unha das primeiras Galegas
que loitou polos dereitos e a igualdade das mulleres.
E ti, a que muller ou mulleres admiras??
Para este día escoitaremos a seguinte canción
que estivemos a traballar en música:
Aquí están algún dos compañeiros do CRA mentras escoitaban a canción.
Tamén vos deixamos un conto para entender un
pouco máis, porque se conmemora este día, chámase "Ellas" de Raquel Díaz Reguera:
Feliz
día nenos e nenas do CRA!
👧👦👧👦
domingo, 28 de enero de 2024
30X: Día Escolar da non Violencia e da Paz
Día 30 de xaneiro, conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz.
"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"
- Mahatma Ghandi -
Dende o CRA celebramos e promocionamos a non violencia e a paz día a día, pero este 30 de xaneiro farémolo a través dunha vídeo chamada entre todas as escolas, podendo convivir un ratiño, na cal cantaremos e bailaremos a seguinte canción:
Para isto os rapaces e rapazas prepararon un baile nas clases de música e unhas fermosas mans de cores!!
Este foi o proceso 🙌
domingo, 10 de diciembre de 2023
10D: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que serve protexer os dereitos das persoas de todo o mundo, para que vivan a súa vida en liberdade, igualdade e con dignidade.
Por que se conmemora este día?
Para que todo o mundo teña
liberdade e igualdade de dereitos con independencia da súa cor, crenzas,
relixión ou outras características.
Os dereitos deste acordo son 30 e inclúen o dereito a liberdade de expresión, dereito á educación, a
unha vivenda digna....
Na siguinte canción, poderemos coñecer algún dereito máis a ritmo de merengue!
Feliz día nenos e nenas do CRA!
👦👧👦👧
domingo, 3 de diciembre de 2023
3D: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Que significa persoas con discapacidade e por que se conmemora este día?
As persoas con discapacidade son aquelas que teñen diferentes capacidades, formas diferentes de facer as mesmas cousas que nos. Todos e todas somos diferentes, pero capaces de facer un montón de cousas se o medio no que vivimos se adapta un chisco!
Por ese motivo, débese conmemorar o día de hoxe, para que as persoas con capacidades diferentes teñan dereitos, como por exemplo, acceso unha educación inclusiva de calidade.
Aquí vai a curtametraxe
de "el cazo de lorenzo" que nos convida a reflexionar:
Agora tócavos, nenos e nenas do CRA de Bergondo, cales son as capacidades que vos fan únicos?
jueves, 23 de noviembre de 2023
25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Por que se conmemora o Día Internacional
contra a Violencia de Xénero?
Segundo as Nacións Unidas: a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha
das infraccións dos dereitos humanos máis estendido e xeneralizado do mundo. Case 1
de casa 3 mulleres foi vítima de violencia física ao menos un
vez na vida.
Viñeta e canción de cousas que si podemos facer coas nosas mans!
No CRA de Bergondo tamén unimos as nosas mans contra a violencia de xénero e para iso imos decorar estes carteis de cor violeta, rexeitando todo tipo de violencia.
E para
rematar, imos escoitar un conto, dunha nena que só sabía dicir que si, ata que descubriu
un código secreto...
Aquí van uns
marca páxinas cun QR para que todos os nenos e nenas poidan levan o conto para
escoitar coas familias!
Feliz día
nenos e nenas do CRA!
👦👧👦👧
domingo, 19 de noviembre de 2023
20N: Día Universal da Infancia
Por que se
celebra o Día Universal da Infancia?
O 20 de novembro
celébrase en todo o mundo o Día Universal da Infancia e o aniversario da entrada
en vigor da Convención sobre os Dereitos do Neno.
A Convención dos Dereitos do neno, supuxo un fito, pois
dende a súa aprobación a infancia é considerada, non como un obxecto de
protección, senón como suxeito de pleno dereito.
Con todo, a Convención
sobre os Dereitos do Neno segue sendo un documento insuficientemente coñecido e
os dereitos que recolle aínda distan moito de converterse en realidade en
numerosos recunchos do planeta.
Pero o Cra de
Bergondo non vai ser un deles!
Cales son os Dereitos do Neno?
Canción dos dereitos do neno de UNICEF
Para rematar
propoñemos decorar esta pulseira ou marca páxinas para que todos coñezan os dereitos dos nosos
pequenos xigantes!
Descargar documento aquí:
domingo, 4 de junio de 2023
Día 5 de xuño
Día 5 de xuño
Polas Nacións Unidas
e dende hai máis de 40 anos
cada 5 de xuño celébrase o
Día Mundial do Medioambiente
🌴🐬🌍🌳🌷
O obxectivo é concienciar á todo o mundo da importacia de garantir unha protección duradeira do planeta e os seus recursos naturais
E coma podemos axudar o noso planeta ???
Ollade este video que nos vai a ilustrar un pouco Mariana, unha nena moi preocupada pola Terra🌍
Como xa sabedes iso de reciclar é o que nós podemos facer no nosa casa e axudaremos a que haxa menos contaminación
se miramos estes contenedores seguro que xa sabedes algo,non si?
Pois agora este outro video nos axudará un pouco máis a facelo mellor
A facer as 3 R polo medioambiente e polo futuro
lunes, 8 de mayo de 2023
9 de maio, día de Europa
Hoxe celebramos o día de EUROPA
...e nós vivimos nela?
Siiiiii, imos coñecela un pouco máis
A bandeira da unión europera seguro que xa a coñecedes ben pero sabedes que ten ?
A bandeira simboliza a unidade deEuropa
A bandeira está formada por 12 estrelas amarelas
☆☆☆☆☆☆☆☆☆☆☆☆
As estrelas representan os ideais de unidade, solidariedade e armonía entre os pobos de Europa.
O número de estrelas non ten que ver co número que países que a forman, o círculo si.
Tamén a Unión europea ten un himno, unha música que o caracteriza e representa
O compositor alemán L.V. Beethoven compuxo 9 sinfonías
a derradeira é a chamada CORAL xa que inclúe voces cantando
os poemas dun amigo seu chamado Schiller
e que se chaman
ODA A LA ALEGRÍA
por iso foi escollida como canto á liberdade
Ahí tedes algúns dos traballiños que fixemos nas escolas para celebrar este día da
UNIÓN EUROPEA
lunes, 1 de mayo de 2023
2 de maio, día contra o acoso escolar
Hoxe
é o día contra o acoso escolar,
é dicir...
é mellor...
ser amig@ de tod@s os compis do cole, non enfadarse e sobre todo, non facer o que non nos gusta que nos fagan a nós, iso é ser bos e boas compañeir@s e amig@s para poder desfrutar máis cos demáis.
👦💚👧💙
Temos un conto que se titula
Quen é TINA???
Veredes que é unha amiga que
non escoita demasiado ben
pero mirade que é o que lle acontece...
Tina sabe que traballando en equipo todo vai mellor axudándonos e colaborando...
funcionaaaaa!!!!
martes, 7 de marzo de 2023
15 de marzo, día dos dereitos dos consumidores
🍉🍊🍋🍌🍆🍅🍄
Hoxe é un día que temos que ter en conta coma consumidores
QUE CELEBRAMOS HOXE ENTÓN?
Neste video nolo explica un pouquiño para que o entendamos mellor
Algúns dos dereitos básicos que temos coma consumidor@s son:
Temos agora un pequeno corto que nos vai ensinar que non debemos crer todo o que nos amosan
as veces non é verdade todo o que nos queren vender ou regalar,
hai que estar atent@s para mercar o que necesitamos
e non mercar ou consumir sen saber ben onde o facemos
Este corto que levou moitos premios nos amosa o vendedor que lles engana a todos os habitantes do pobo e non lle importa facerlles crer que o que vende non é de verdade.
Así que hai que estar sempre atent@s a consumir ben
domingo, 5 de marzo de 2023
8 de marzo, día contra a violencia de xénero
8 de MARZO
Día internacional da muller
...E por que celebramos este día?
Que significa?
Hoxe celebramos o día das mulleres que queremos nas nosas vidas
mulleres valentes que axudaron a que hoxe teñamos o mundo no que vivimos
a super Lola heroína que mola moito
Esta nena que se chama Super Lola e logo de contar a súa historia,
vemos como lle gusta facer moitas cousas
pero sobre todo é moi valiente e intelixente.
Hai moitos máis contos que podemos ler para saber que historias
lles acontecen con mulleres moi interesantes
Queredes saber cales son???
Ahí van uns cantos contiños
![]() |
Aquí temos o ben que o facemos nas escolas do Cra cantando o retrouso da canción de
"Green Family"
Nas escolas do CRA fixemos traballiños para celebrar este día da muller
domingo, 29 de enero de 2023
30 de xaneiro , día da non violencia e a PAZ
Hoxe día 30 de xaneiro de este recén estreado ano 2023
celebramos o día da
NON violencia e da PAZ
Ollade este pequeno video no que nos contan porque hoxe celebramos este día tan bonito e importante para todo el mundo
No conto que vermos a continuación hai un enano que non é moi amistoso
e uns nenos lle queren axudar pero...
a ver que lle pasa
Podemos pensar despois do gruñón de Rogelio que o importante é facer as cousas que máis nos dan
PAZ
ollade estes debuxos a ver si é verdade
E agora cantaremos a nosa canción do día da paz para celebrar este día da PAZ
Así que di conmigo PAZ,
o imos a gritar,
o imos a cantar,
xa que somos moi pero que moi capaces de facer as cousas ben
✌💗👧👦
Unha vez celebrado este día tan importante e bonito
podedes botar un olliño as cousiñas que fixemos
aquí tedes unha pequena recopilación
Coloreamos, debuxamos, decoramos e cantamos
logo de vernos todas as escolas do Cra
por medio dunha video chamada
💙💚💛💜
jueves, 8 de diciembre de 2022
10 de decembro , día dos dereitos humanos
O lema deste ano para o Día dos Dereitos Humanos é
Dignidade
Libertade
Xustiza para todos
👍😀
O75º aniversario da Declaración se celebrará o 10 de decembro de 2023.
Para preparar esta gran celebración, a partir do Día dos Dereitos humanos de este año,
o 10 de decembro de 2022,
lanzarase unha campaña dun ano de duración para dar a coñecer os
centrándonos no seu legado, relevancia e activismo.
Agora que sabemos un pouquiño máis dos dereitos humanos, pensades que son necesarios, verdade???
Pois a desfrutar deste día que é para tod@s
👦👧👨👩👳👵👴👱👲

.png)














.png)


.png)
.png)


















.jpg)







