sábado, 30 de noviembre de 2019

Día internacional das persoas con discapacidade

Hoxe día 3 de decembro imos  celebrar o día internacional das persoas 
con discapacidade.



 En 1992 foi declarado así pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.

O obxectivo é promover os dereitos e os benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenrolo, así coma concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural

Á concienciación das medidas orientadas á acción e destinadas á mellora das situacións das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportuidades para el@s.

  A Asamblea fixo un chamamento aos Estados Membros para destacar e celebrar este día e así fomentar unha maior integración na sociedade das personas con discapacidades.





Fai uns días que recibimos unha boa sorpresa...



 

visitaron o noso CRA algúns membros da asociación ASPADISOL e que con moitas ganas e agarimo nos presentaron o conto " A viaxe dos meus 40 dragóns" escrito por el@s mesm@s e que nos gustou moitísimo.
















 Ademáis de contarnos o seu conto deixáronnos este bonito agasallo feito por el@s mesm@s

Moitísimas grazas!!!!



Ollade estes videos que nos amosan a importancia de ter en conta aos demáis.


 






domingo, 24 de noviembre de 2019

Día internacional contra a violencia de xénero



Hoxe, 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero.



Recordamos hoxe que todos os homes e mulleres, nenos e nenas somos iguais, cos mesmos dereitos e deberes,non existen cores, xoguetes, xogos e cousas de nenos nin de nenas...


Por iso temos que aprender e educar en igualdade, dende a diferenza, tendo en conta todos os aspectos que se consideran máis necesarios para a formación dunha persoa, independientemente do seu sexo.

Temos sorte de ter moitas obriñas literarias para conseguir unha sociedade máis igualitaria, libre de estereotipos de xénero e onde os nenos e nenas teñan as mismas oportunidades


Aquí tedes algunhas :




Arturo e Clementina
Una feliz coincidencia
Rosa caramelo
¿Hay algo más aburrido que una princesa rosa?










A cociñeira do Rei.
As redes de Inés
Maruxa
Os bolechas ven unha moura.. 









E deste día tamén temos a nosa mostra dos nosos traballiños nas aulas









Coma recentemente celebramos o día universal da infancia, aquí tedes a nosa pega, podemos ver o vídeo na entrada anterior.

lunes, 18 de noviembre de 2019

Día universal de la infancia




 HOXE CELEBRAMOS QUE HAI 30 ANOS......



Hoxe, día 20 de novembro celebramos o Día Universal da Infancia, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.








O día 20 de novembro de 1989 fíxose a Convención dos dereitos do neno, e por iso o mundo adquiriu o compromiso de defender e promocionar todos os dereitos de todos os nenos e nenas do mundo.

Este día sírvenos para recordar que todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito á saúde, a  educación, e a protección sexa onde sexa o lugar do mundo que naceran.

A celebración deste día serve para facernos pensar se estamos a facelo ben e saber o que  ata o día de hoxe conseguimos  entre todos, para visibilizar estos dereitos e sobre todo para seguilo traballando neste cumplimento de Todos os Dereitos para TODOS os NENOS e NENAS do MUNDO.


 A ver se vos gusta esta canción 
sobre a importancia do día de hoxe. 






E estes debuxiños que tamén nos ilustran sobre os nosos dereitos 




Coma sabemos que coas nosas mans podemos...

AXUDAR
ABRAZAR
APOIAR
ACARICIAR 
AMAR

Fixemos uns traballiños que podemos ver neste video coa canción que tanto nos gusta de Pablo Díaz