jueves, 29 de noviembre de 2018

3 de decembro, día internacional das persoas con discapacidade


   Hoxe celebramos o día internacional das persoas con discapacidade, este día conmemórase dende o ano 1993 e proclamouse para que as persoas que tivesen algún tipo de discapacidade puidesen integrarse adecuadamente dentro da sociedade porque ter unha deficiencia psíquica, física o sensorial non significa que unhas persoas sexan mellor que outras. Debemos aceptar as diferencias e non subestimalas porque teñen os mesmos dereitos, deberes, sentimentos, ilusións e esperanzas.




miércoles, 21 de noviembre de 2018

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero


   O día 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Este día celébrase para recordarnos que todos os homes e mulleres, nenos e nenas somos iguais, cos mesmos dereitos e deberes, non hai xoguetes, cores e xogos de nenos nin de nenas. Ningúen ten dereito a rirse de ninguén nin agredilo/a.

   Contos: ¿Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?



   ¿Como vestiríades vos a Carlota?

Super Lola:


Lalo: "el príncipe rosa"



miércoles, 14 de noviembre de 2018

20 de novembro, día universal da infancia


   O día 20 de novembro é un día moi importante porque celebramos o día mundial da infancia, é a data na que a Asamblea Xeral da ONU aprobou a declaración dos dereitos do neno en 1959 e completouna coa Convención sobre os dereitos do neno no ano 1989. Con estes tratados, os países firmantes comprométense a protexer e defender aos nenos e nenas.